Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Vimianzo  presenta a  actividade SENTIR VIMIANZO: CAL É O TEU RECUNCHO FAVORITO DE VIMIANZO? pertencente á programación dixital   #ActívateVimianzo. 


 

#SentirVimianzo #OmeuRecunchoFavoritoDeVimianzo
Nestes meses de confinamento foron moitos e moitas os-as que participaron nas actividades de
#ActívateVimianzo dende as súas casas. Descubrimos a creatividade  artística da rapazada
vimiancesa e foron moi importantes eses mensaxes de optimismo ante  o avance  do COVID-19
que nos achegaron para os álbums ##VimianzoNaVentá e os fermosos vídeos editados polos
centros educativos do municipio que compartiran con toda a veciñanza  de maneira virtual.
Agora que xa puidemos saír da casa nas fases de desescalada queremos SENTIR VIMIANZO e que
nos digades a todos e a todas cal é o voso recuncho favorito de Vimianzo? Que nos contedes cal
foi o sentimento ao volver a visitar ese recuncho de Vimianzo despois de tantos días de
confinamento.
Encantaríanos poder viaxar xuntos por eses recunchos e sentir Vimianzo!
Envíanos unha foto ao correo cultura@vimianzo.gal e cóntanos cal é o teu rincón favorito de
#Vimianzo